Inicio
 
Presentación
SISTEMA RED DIRECTO16/07/2010Presentación e Demo do funcionamento do Sistema Red Directo.

 

CONVENIO COLABORACIÓN CO INSS

16/07/2010O Consello Xeral suscribiu un convenio de colaboración co INSS para poñer en  marcha a plataforma TESOL de transmisión electrónica de solicitudes, que se integra no rexistro electrónico para a solicitude telemática de prestacións sociais. Por elo o Colexio estimou oportuno asinar documento de adhesión. Texto convenio colaboración . Texto Adhesión

 

 

VIII EDICIÓN DO CURSO PRÁCTICA PROFESIONAL

2/07/2010.  A Fundación "Justicia Social" a iniciativa do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Graduados Sociais de España, convoca a VIII Edición do Curso de Práctica Profesional da Escola "Alonso Olea", destinado aos alumnos que finalizado os seus estudios obtendo o título de Diplomado de Relacións Laborais no curso 2009-2010, seleccionando os mellores expedientes académicos entre os candidatos presentados. Bases e Inscrición pulsado AQUÍ .

 

 

 

RESULTADO ELECCIÓNS 2010

22/06/2010. O pasado día 22 de xuño de 2010, celebráronse as eleccións a presidencia e renovación parcial de vocais,  sendo o resultado o seguiente: PRESIDENTA: Mª. Teresa Rodríguez García; VOGAIS EXERCENTES: Juan Manuel Estévez Graña, Luis Macías Brea, José Manuel Negreira Dopazo, José Antonio de Jesús Rodríguez Pérez, Purificación Silva Martínez; VOCAL NON EXERCENTE: Jorge Painceira Maciñeiras.

 

CONVENIO COLABORACIÓN CON SEK-ATLÁNTICO

02/06/2010Sinatura do convenio colaboración co Colexio Internacional Sek-Atlántico, que forma parte de un importante grupo empresarial dedicado principalmente ao ensino, docencia e xestión de centros educativos en tódolos niveis académicos e a organización e prestación de actividades lúdicas, culturais e deportivas, de ocio e tempo libre. Sek-Atlántico ofrece condicións preferentes e ventaxosas para os colexiados na prestación de ditas actividades. (texto do convenio) 

 

VENTANILLA ÚNICA. Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello.

23/12/2009.  A Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior (Directiva de Servicios o DS) establece un conxunto de obrigacións para os Estados membros que deben ser satisfeitas antes do 28 de decembro de 2009.

 

CALENDARIOS LABORAIS 2010

20/12/2009. Calendarios Laborais 2010. Dispoñibles á venda na secretaría de este Colexio.

 

 

O NOSO COMPAÑEIRO, D. JOSÉ MARÍA CORUJO SEGUIDO, EX_PRESIDENTE DE ESTE COLEXIO, RECIBE UNHA MENCIÓN DE HONOR POLA SÚA EXCELENTE TRAXECTORIA PROFESIONAL

18/12/2009. Nota de prensa. O pasado 18 de decembro, tivo lugar unha serie de Actos Institucionais organizados polo Consello Xeral de Graduados Sociais, posteiormente no Hotel Intercontinental de Madrid, celebrousu a tradicional Cea de Nadal, onde reúnen a tódolos Presidentes de Colexios Oficiais de Graduados Sociais de España, ademais de un nutrido grupo de convidados.

 

Ao finalizar a Cea entregaron os Premios "Mérito Social 2009" que teñen por obxecto premiar a aquelas persoas que durante o ano destacaron pola súa laboura, defendendo co seu traballo o lema da nosa Profesón "Xustiza Social". Entregándose unha Mención de Honra pola sua excelente traxectoria profesional ao noso compañeiro D. José Mª. Corujo Seguido, Ex-Presidente de este Colexio.

 

JoseMaria_Corujo_Seguido.jpg

 

D. José Mª. Corujo Seguido, recibindo a Mención de Honra de mans do Presidente do Consello Xeral, D. Francisco Javier San Martín Rodríguez, acompañado de Dª. Mª. Teresa Rodríguez García, Presidenta de este Colexio.

 

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?

Calendario Actividades

« < Setembro 2010 > »
L M M X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Quén está en liña

Temos 15 convidados conectados