Inicio
 
Presentación

XUNTA XERAL ANUAL ORDINARIA

21 de marzo de 2019 (xoves).- Celebrada na Sede Colexial Xunta Xeral Anual Ordinaria, conforme o establecido no artigo 58 da Orde do 1 de setembro de 2008, pola que se aproban os Estatutos di Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra, ás 19:00 horas en primera convocatoria, e a 19:30 horas en segunda convocatoria, desenvolvendose de acordo ao seguinte ORDE DO DÍA:

- Lectura e aprobación, se é o caso, da acta da Xunta anterior.

- Exposición polo Presidente da actuación e desenvolvemento do Colexio durante o ano anterior, e do estado en que se atopan as xestións realizadas en defensa dos intereses dos colexiados e colexiadas.

- Exame e aprobación, se é o caso, da Memoria anual 2018.

- Exame e aprobación, se é o caso, do balance e contas anuais de ingresos e gastos 2018.

- Exame e aprobación, se é o caso, dos presupostos para o exercicio 2019.

- Aprobación se é o caso, constitución do Consello Galego de Colexios Oficiais de Graduados Sociais.

- Proposicións, rogos e preguntas dos colexiados e colexiadas. 


 juntageneral2019.jpg

TECNOLOXÍA DA COMUNICACIÓN E NOVAS FORMAS DE TRABALLO”. XORNADAS 2019"CONSELLO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS"

3 de abril de 2019 (mércores).- O "Consello Galego de Relacións Laborais" ha organizado conxuntamente con este Ilustre Colexio Oficial estas xornadas, nas que profesionais do mundo da Xudicatura, a Universidade e a Inspección de Traballo Galegas, e de representantes das organizacións sindicais e empresariais mais representativas en Galicia, tratará a transformación no mercado laboral, como consecuencia dos avances tecnolóxicos que están a cambiar de forma profunda as condicións de vida de traballo tradicionais que están poñendo a proba o Dereito do Traballo, existindo diversas opinóns en relación co encadramento de persoal das plataformas dixitais na Seguridade Social.

3-4-2019.jpg 

  

 

XORNADA: “ACTUACIÓN DOS COLEXIADOS PROFESIONAIS ANTE A APLICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA O ACOMPAÑAMENTO E ASESORAMENTO NA XESTIÓN DOS TRÁMITES ADMINISTRATIVOS ÓS ORFOS DE VÍCTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO”

20 de marzo de 2019 (mércores).- Na Sede Colexial, celebrouse esta xornada no marco do convenio de colaboración suscrito entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Colexios de Xestores Administrativos de Galicia, Colexios Oficiais de Graduados Sociais de Galicia, AGAXEN ( Asociación Galega de profesionais da auditoría socio-laboral de xénero e da prevención do acoso e da violencia de xénero) e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.


Na Xornada ademáis de recordar o contido do acordo e os principios de igualdade e non discriminación por razón de xénero, explicouse os colexiados as obrigacións e competencias que asumirían cando se detecta un caso deste tipo. A relatora da xornada foi Dª. María Ángeles García Pérez, Presidenta da asociación AGAXEN que estivo acompañada por Dª. Mercedes Vea Vázquez, Vicepresidenta do  Colexio.

20-03-2019.jpg 

  

CELEBRACIÓN 30 ANIVERSARIO DO “CONSELLO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS

27 de febreiro de 2019 (mércores).- O Consello Galego de Relacións Laborais celebrou na Sala de Convencións da “Cidade da Cultura” en Santiago de Compostela, acto presentado por Dª. Rosanna López, directora xerente da Fundación Pública de Formación para o Traballo da Xunta de Galicia, cunha proxección do vídeo “30 anos do Consello Galego de Relacións Laborais”, coa intervención das organizacións empresariais e sindicais que integran o organismo: CEG, UGT-Galicia, CIG e SN de CCOO de Galicia, co recoñecemento e homenaxe a Dna. María Emilia Casas Baamonde e D. Carlos Domenech de Aspe e D. Javier Gárate Castro, clausurando o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, D. Francisco Conde López. O acto asistiu en representación do Colexio, Dª. Mercedes Vea Vázquez, Vicepresidenta do Colexio.
 
27.02.2019.jpg

REUNIÓN CO SMAC- SOBRE A IMPLANTACIÓN DA PRESENTACIÓN ELECTRÓNICA DE PAPELETAS DE CONCILIACIÓN

27 de febreiro de 2019 (mércores).- O Presidente do Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra, D. Raúl E. Gómez Villaverde, mantivo unha reunión coa Xefa de Servizo de Relacións Laborais Dª. Mónica Álvarez, para tratar sobre a implantación da presentación electrónica de papeletas de conciliación e dar traslado das inquedanzas dos Colexiados sobre a nova presentación telemática no SMAC

 

“DÍA MUNDIAL DA XUSTIZA SOCIAL”

20 de febreiro de 2019 (mércores).- O Consello Xeral de Colexios Oficias de Graduados Sociais de España e a Fundación Xustiza Social, conmemoran o Día Mundial da Xustiza Social, coa participación dos Secretarios Xerais de UGT e CC.OO, cun almorzo Foro Social o que ha asistido o Presidente do Colexio, D. Raúl E. Gómez Villaverde na sede do Consello Xeral en Madrid.

20.02.2019.jpg 

 

FIRMA ACORDO DE COLABORACIÓN CON ASEPEYO, MUTUA COLABORADORA COA SEGURIDADE SOCIAL

7 de febreiro de 2019 (xoves).- Firma na sede colexial de Acordo de Colaboración con ASEPEYO, que ten por obxeto establecer un marco de colaboración entre ambas entidades que permite facilitarse recíprocamente información e divulgación en materia de cotización, acción protectora, prestacións e calquera actividade do ámbito da colaboración na xestión da Seguridade Social.

En virtude deste acordo, Asepeyo pon a disposición do Colexio e dos seus colexiados todos os medios e recursos dos que dispón para dar unha asistencia de calidade no marco das competencia propias das Mutuas. Permite tamén que ambas entidades organicen, dentro do seu ámbito de actuación legal, diversas actividades de divulgación, como xornadas informativas de actualidade lexislativas, normativas laborais e de seguridade social, dirixidos tanto os colexiados asociados ou adheridos á mutua, como os seus traballadores.
 

ASEPEYOFIRMAACUERDO 

<
 
Glasof

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?

Calendario Actividades

« < Marzo 2019 > »
L M M X V S D
25 26 27 28 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
Glasof

Quén está en liña

Actualidad jurídica

El Derecho

Ver más actualidad jurídica

Ventajas especiales en NH Hoteles